miércoles, 11 de julio de 2012

COMEZO DO PRÓXIMO CURSO ESCOLAR E REUNIÓN CONXUNTA DE INICIO DE CURSO



Publicada no DOG de Galicia a Orde pola que se aproba o calendario escolar para o curso 2012-2013 para os centros docentes sostidos con fondos públicos no que establece que as clases darán comezo o día 12 de setembro de 2012, estando a escola aberta a efectos administrativos a partir do día 1 de dito mes. O horario, en principio será de 9-14h., que é como se solicita todolos anos para adaptarse ó transporte.

A reunión conxunta das tres escolas unitarias, Larín, A Lagoa e Rorís, prevese facer o venres 7 de setembro na escola de A Lagoa ás 11:30h.


sábado, 7 de julio de 2012

RECOMENDACIÓNS PARA O VERÁN

Deixei no buzón da escola tamén un folio de recomendacións para este verán para que poidades collelo si queredes.

VÍDEOS LETRAS GALEGAS

Acábome de decatar de que me esquecín de subir uns vídeos que me pasou Amparo do Festival de radio, televisión e prensa das Letras Galegas.
Que ben o fixeron alumnado e mamás!!



T.V. COLOQUIO DE ESPECIALISTAS

TV. COLOQUIO DE ESPECIALISTAS
REDACCIÓN PRENSA

RADIO. REFRÁNS

RADIO. ESPAZO MUSICAL

HOMENAXE A ROSALÍA DE CASTRO
YOLANDA E EVA

viernes, 6 de julio de 2012

CHURRASCADA GABENLLE

Aquí van algunhas das fotos da marabillosa xuntanza de convivio, xantar, xogo e baile que tivemos este luns. 
Como dí un proverbio africano, que durante este ano tiven moi presente:

PARA EDUCAR A UN INDIVIDUO FAI FALTA TODA UNHA TRIBO.

 E penso que na Escola da Lagoa, se está mantendo esta filosofía, contribuíndo á mellora da educación e da comunidade.

Parabéns, e a seguir loitando!

 MIL GRAZAS

LIBROS NO TABOLEIRO




jueves, 5 de julio de 2012

PRIMEIRA SEMANA DE CLASE

Esta é unha foto da primeira semana de clase, debeu de ser xusto o dia anterior ó meu accidente, como cambiaron!


PABLO, O IRMÁ DE VALERIA

Aquí van unhas fotos da primeira ecografía que nos trouxo Valeria do seu irmá. Aínda non se sabía se ía ser neno ou nena nin ninguén tiña moi claro canto tardaría en saír así que ela, xunto con Ainara, decidiron investigar un pouco pola súa conta. Estaban todos atentísimos á explicación. Logo trouxonos outra durante a última semana da escola, en 3D.


PSICOMOTRICIDADE

Vos deixo estas fotos que atopei dunha das clases de psicomotricidade da hai xa algún tempo. A verdade é que era moi bonito ver como traballaban o contacto e a relaxación.

Manel. Ai Dolors.





BIBLIOTECA E APRENDER DOS DEMAIS

Estas son algunhas das fotografías das actividades de asamblea onde expoñían os traballos dos libros da fin de semana e de como se axudan en moitas das tarefas. Neste caso, estaban anotando os libros que se levaron, como se fai cada venres.




ANIVERSARIOS RAÚL, AIXA E PAULA

Antes de rematar as clases foi o aniversario de Raúl e tamén quixemos aproveitar para celebrar os aniversarios de Aixa e Paula, xa que son en verán e así tamén as puidemos felicitar.
Parabéns ós tres!!

Kitty Daisy & Lewis. Going up the country.

PROFE PLAYERA

A petición do público ;-) deixo un par de fotos do meu disfraz playero. Nótense as marcas do sol nos brazos (tamén as levaba na cara...).

     

  

EXCURSIÓN DE FIN DE CURSO

Aquí van fotos da excursión de fin de curso que realizamos á Casa das Abellas, en Abegondo.

Sufjan Stevens.Chicago.

E nesta segunda presentación, están as fotografías da comida que fixemos no parque do Pasatempo, en Betanzos e do tren que collemos na estación da Infesta dirección A Coruña. Pasamos por un par de túneis e deixáronnos entrar na locomotora e tocar a bocina!
Un día inolvidable!

Bigott. Cannibal Dinner.




FESTA PLAYERA EN LARÍN

Aquí están, por fin, as fotos da festa playera que fixemos na escola de Larín, as nenas e nenos das tres unitarias. Pasámolo xenial!

Radio Futura. Escuela de calor.

LIBROS DE TEXTO 2012-13 E MATERIAIS

Aquí deixo o documento coas referencias dos libros de texto e outros materias para cada un dos cursos.
Podedes descargalo ou imprimilo. 
A partires de mañá ás 12 estará no taboleiro do centro.

miércoles, 27 de junio de 2012

CAMBIO DE TELLADO

Boas! sei que inda temos bastantes fotos pendentes por colgar no blogue, pero pensei que esta era unha das importantes, polo que a vou adiantando. Despois do Consello escolar de onte, esta mañá a primeira hora viñeron revisar unha fuga de auga dun cuarto de baño máis xa comezaron a cambiar o tellado. Ó final, en lugar de sellalo con espuma, decidiron cambialo por un de madeira, que parece moito mellor. Nun par de días estará rematado.
Agradecémoslle moito ó Concello que nos axude a mellorar a escola!


viernes, 8 de junio de 2012

jueves, 7 de junio de 2012

O PREZO XUSTO

Habitualmente na escola tratamos de incorporar na xornada cotiá cuestións relacionadas co prezo das cousas, a través do que contan na asamblea, da prensa, catálogos ou materiais que se mercan para a escola, por exemplo. Tamén se tenta facer fincapé en que moitos dos servizos, como as escolas ou os médicos, as pagan as familias, a través dos impostos, cunha parte dos cartos do seu traballo e é por iso que hai que respetalos e aproveitalos ben.
Aquí deixo unhas fotos de varias experiencias a modo de exemplo que foron xurdindo.

- Cando Adrián volveu de Suiza trouxonos, ademais de moedas de chocolate, prodúcto típico e de moitas palabras en francés, trouxonos francos suizos en moeda e billete e estivemos traballando con eles. 
Outro día Víctor tamén nos trouxo a colección de moedas que ten de diferentes países.


- O outro día Daniel atopou na escola 5€. Decidimos preguntarlle a Andrea, a limpadora, si eran seus, ó cal nos contestou que non e aínda que puidesen ser, nolos daría igualmente.
Logo planificamos que poderiamos mercar con 5€: golosinas, xelados, cartas de invícimals, puzzles para a escola, libros...había diversas opción, incluso algunha moi interesante como gardalos para arranxar o tellado do patio ou mercar un cocho.
Fomos descartando aquelas que fosen inviables por non seren para todo o grupo ou por prezo.
Tras decidir que a mellor opción serían patacas ó xamón e xelado para compartir, fixemos unha gráfica, cunha votación para seleccionar sabores.
E hoxe, que veu Elena decidimos facer a degustación! Mañá faremos as contas pero nos achegamos bastante ó prezo xusto!


 Gañaron a nata e a fresa!




PLANTAS AROMÁTICAS

Onte, estiveron transplantando Adrián Lema e Víctor as súas plantas do xardinciño de aromáticas. Un plantou prixel e o outro ruda.
Tamén aproveitamos para crear unha nova distribución: comestíbles a un lado e non comestibles noutro.


PROXECTO CASAS: CASTROS E PALLOZAS

Onte Víctor trouxo un conxunto de postais do Castro de Santa Tegra ou Santa Trega (xa que as dúas denominacións se consideran en uso). Nelas puidemos obxervar como son as pallozas, antigas contruccións de planta circular, feitas de mampostería en pedra e teito de palla en forma de cono.
Tamén vimo como se ubicaban moitas veces en Castros, que eran os poboados fortificados de orixe prerromano.
O certo é que se parecen bastante a outros tipos de casas, como as chozas e incluso, na súa construcción ós iglús e sobre todo, a moitas das casas africanas.


NON HAI MAL QUE POR BEN NON VEÑA

Boas familias! esta mañá volveu vir outro fontaneiro do Concello a arranxar os baños. Cambiounos o pulsador da cisterna e finalmente o Concello de Arteixo, aproveitamos para volverlle a pedir as billas da auga para que o alumnado as puidera abrir de forma autónoma, xa que co pulsador eran incapaces, sobre todo os pequenos. En principio ía ser só a do baño pequeno pero finalmente, nos cambiaron as dúas. Estamos moi agradecidos! Quedaron pendentes tamén de enviar un operario que revise a fosa na que desauga a escola.


martes, 5 de junio de 2012

PROXECTO CASAS: máis música

Outra canción bonita africana de Salif Keita (Mali-África) e Cesaria Évora (Cabo Verde- África). Espero que vos guste tanto como a min!


E este outro vídeo que comeza cuns bailes moi animados.
 

CLASES DE MÚSICA

Boas! como nunca puxemos ningunha imaxe de bailes e cancións que aprendemos na escola, decidín colgar este vídeo no cal están tan formais bailando esta peza que comeza cun agarrado. Eu penso que o fan moi ben. O que se escoita por riba da música son as miñas indicacións, molestan un pouco pero foi por non volver gravalo, jeje, non lle fagades moito caso ou empregádeas vós tamén para aprender os pasos e pedídelles que vos ensinen!
Xa lles expliquei que con estes pasos (polca saltado) poden bailar moitas cancións nas festas que se achegan.




PIRATAS

Hoxe Raúl chegou cunhas calcamonías nos brazos e, cando nos fixamos ...
Decatámonos que eran da película de Piratas na que traballou Sonia Iglesias, a artista que nos veu visitar!
Mirade, mirade:




Por certo que esta fin de semana, Sonia estivo en Oslo (Noruega- Europa) e alí atopouse con César Díaz, o artista que traballara nas Tres Mellizas e aquel vídeo con area que nos ensinaran Sonia e Iria, e lle contou que o víramos e que nos gustara moito. Fíxollo moita ilusión!
Por certo aquí deixo o "making of" ou o cómo  se fixo.



INUNDACIÓN NA ESCOLA!!

Esta mañá a iso das 11 e media tivemos unha inundación na escola.
Ó tirar da cisterna, esta quedou enganchada e, a tubería debeu atascarse así que a auga comezou a rebosar sen parar saíndo até case a metade da clase. Seguimos merendando nas mesas, e logo fomos arriba ó recreo mentres se evacuaba.
Foi toda unha aventura!

Nestes momentos xa está avisado o Concello para que veñan reparalo e, xa de paso, pedimos que nos cambiaran as billas da auga, ou afrouxaran as que están xa que é hai que ter moita forza para pulsar e moitas veces non damos.

viernes, 1 de junio de 2012

AXUDAS PARA LIBROS DE TEXTO EN PRIMARIA

Vense de publicar a orde na que se regula a información sobre as axudas para a adquisición de libros de texto para alumnado de primaria (non hai para infantil) para o vindeiro curso 2012-2013. Podedes acceder á información online premendo na imaxe ou ben, pedila no centro onde logo tamén entregaredes a solicitude.


PRAZO: do 1 ao 30 de xuño de 2011
REQUISITOS:
·        Alumnado de primaria
·        Renda per cápita igual ou inferior a 9.000 €.
DOCUMENTACIÓN a adxuntar coa SOLICITUDE (Anexo I)  (Orixinal e Copia) :
a) Libro de familia no que figuren todos os membros da unidade familiar.
No caso de non ter libro de familia, ou se a situación familiar, a día 31 de decembro de 2010, non coincide coa reflectida no libro, terá que presentarse documento ou documentos acreditativos do número de membros da unidade familiar, tales como:
  • Sentenza xudicial de separación ou divorcio e/ou o convenio regulador onde conste a custodia do causante.
  • Certificado ou volante de convivencia.
  • Informe dos servizos sociais ou órgano equivalente do concello de residencia, que acredite a situación familiar.
b) No caso de discapacidade dalgún dos membros da unidade familiar incluídos na solicitude deberá acompañarse un dos seguintes documentos que acrediten esta circunstancia a 31 de decembro de 2010:
  • Certificado emitido polo órgano competente do grao de minusvalidez cunha porcentaxe igual ou superior ao 33%,
  • Resolución ou certificado emitido pola Seguridade Social de pensión de incapacidade permanente nos graos de total, absoluta ou gran invalidez, ou
  • Documentación acreditativa da condición de pensionista de clases pasivas cunha pensión de xubilación ou retiro por incapacidade permanente para o servizo ou inutilidade.
c) No caso de situación de violencia de xénero no contorno familiar: documentación acreditativa.
- - -
(Orde do 13 de maio de 2011, DOG nº 104, 31 de maio de 2011, para 1º,2º,5º e 6º de Ed. Primaria)
(Orde do 16 de maio de 2011, DOG nº 104, 31 de maio de 2011, para 3º e 4º de Ed. Primaria)




FESTA VOZ NATURA EN CULLEREDO

Este sábado haberá en Culleredo unha grande festa organizada pola Voz de Galicia, sobre o proxecto Voz Natura. Haberá moitas atraccións, deixo a información para quen lle apeteza e, sobre todo, para quen poida ir.


FArtAR

Deixovos a información destas actividade de arte na rúa do Concello de Arteixo que teñen moi boa pinta, di:
"literatura, música, danza, escultura, pintura, teatro, arte urbano, audiovisual, fotografía…, e as súas derivadas, para que o público poida gozar en distintos espazos ao aire libre das diversas expresións artísticas locais"
 Premendo sobre a imaxe tendes máis información.


REUNIÓN DE FIN DE CURSO


jueves, 31 de mayo de 2012

PROXECTO CASAS: vivendas tadicionais africanas

Inspirándonos nalguhas casas africanas que vimos nos libros e en internet e para traballar o que é un poboado, decidimos facer, con material de refugallo, cartón de material informático, unha aldea africana.




Este é un vídeo no que se explican algúns tipos de construccións.

 

Como a textura que ten o cartón semella barro íamos deixalas así, máis finalmente decidimos pintalas de cores, pois vimos unhas imaxes de outras tribos africanas que decoraban as súas casas con formas xeométricas ou ben, con cores.



Mentres pintabamos escoitamos algúns dos artistas musicais máis interesantes do continente africano, como Ismael Lo, Salif Keita ou Batuko Tabanka, un grupo de mulleres de Cabo Verde afincadas dende hai bastantes anos en Burela, mulleres de mariñeiros e que nos lembran tanto ás cantareiras galegas.

 


PROXECTO CASAS: YOUTUBE

Acabo de decatarme de que hoxe, os iconos que acompañan as búsquedas de Youtube, están facendo campaña sobre un proxecto que amosa vídeos ou street view das Marabillas do Mundo e, si premes sobre os monumentos ou na ligazón do final, accederedes ó proxecto onde as podes ver.
Ademais acaban de incluír dentro do proxecto a Muralla de Lugo e a Catedral de Santiago anque supoño que igual tardan uns días en subilos para poder visitalos virtualmente.